Galicia Vigo al día

Vitrasa denunciada por incumprir os tempos de descanso dos seus condutores e condutoras

O comité de empresa de Vitrasa presentou unha denuncia diante da Inspección de Traballo polo incumprimento dos tempos de descanso durante a xornada laboral, “xa que a empresa segue sen respectar as medidas preventivas que figuran na súa propia avaliación de riscos”.

A esta circunstancia, sinalan dende o Comité de Empresa, ademais, “tampouco atende o requirimento feito pola autoridade laboral no que ten que ver coa instalación de aseos para os condutores”.

Non se pode conducir máis de 4,5 horas seguidas

Na denuncia presentada pola representación do persoal de Vitrasa lémbrase que na avaliación de riscos da empresa cualifícase establécense como medidas preventivas que ningún traballador poderá conducir de maneira ininterrompida máis de catro horas e media sen facer unha pausa. A duración mínima desta pausa deberá ser de 45 minutos, podendo fraccionarse en interrupcións de cando menos 15 minutos cada unha ao longo de cada período de condución.

Non máis de 9 horas diarias

Ao mesmo tempo, sinálase que o tempo total de condución non deberá exceder de nove horas diarias, podendo chegar excepcionalmente a 10 horas un máximo de dous días á semana, nin de 90 horas en cada período de cada dúas semanas consecutivas.

A representación dos traballadores indica que na xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde que tivo lugar o pasado 14 de outubro os delegados de prevención “fixeron constar os incumprimentos reiterados destas dúas medidas” preventivas a respecto dos descansos e tempos de condución, “pero a resposta de empresa foi que hai que revisar a avaliación”. Neste senso, dende o comité critican que “curiosamente, as pausas establecidas na avaliación de riscos coinciden coas mínimas obrigatorias establecidas para outros condutores profesionais”.

Aseos para conductores e conductoras

Por outra banda, tamén puxeron en coñecemento da Inspección de Traballo que a empresa non atendeu o requirimento da autoridade laboral a respecto dos aseos para os condutores. Unicamente se instalou un aseo público, e non nos constan negociacións da empresa co Concello e/ou cafeterías, e moito menos un mínimo de vontade de solucionar este problema”.

También te puede interesar