'Qué te cuentas?' Cultura

Limpeza da Praia de Patos, este sábado, dentro da campaña impulsada pola asociación ecoloxista @ADEGAgz

O Concello de Nigrán súmase por terceiro ano consecutivo, e nesta ocasión coa Asociación de Escolas de Surf de Patos, á novena xornada de limpeza simultánea de praias capitaneada pola asociación ecoloxista Adega  -inicialmente programárase para o sábado 19 de outubro pero debido á choiva trasladouse a este día 26-.

A  praia de Patos formará parte este sábado, dende as 11:00 horas, da vintena de areáis de toda Galicia no que se intervirá.

Tódalas persoas que desexen participar como voluntarias deben inscribirse no mail [email protected] aportando nome e teléfono de contacto ou directamente na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán de 9.00 a 14.00 horas – no teléfono 986365000-.

A duración estimada é de dúas horas e o punto de encontro  será o local de Prado Surf en Patos ás 10:45 h.

También te puede interesar