'Qué te cuentas?' Galicia

@odscoia denuncia que perceptores da RISGA e Pensións non Contributivas non poden estar no albergue máis de 10 días

A Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS) vén de denunciar que o regulamento do albergue municipal, en Marqués de Valterra, non permite permanecer no mesmo por máis de 10 días a persoas perceptoras da Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA )ou Pensións Non Contributivas.

A ODS subliña que para o Concello, estas persoas, “que malviven con 400€ ao mes”, non poden empregar o albergue por máis deste tempo, “malia que queden prazas baleiras”. Aquelas que, segundo sinala unha profesional deste Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social (CIIES)  teñan ingresos por riba do 70% do Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples (IPREM)– o que serían para este ano uns 376,5€-, “non poderán durmir neste centro municipal agás aquelas situacións concretas que valoren as profesionais”.

Esta situación, engaden dende a ODS Coia, foi denunciada “a través de numerosos escritos presentados no rexistro municipal”, denuncias que, aseguran, non foron respostadas dende o Goberno municpal”.

Ante esta realidade, conclúen, “axentes da policía local informan a estas persoas que a xente da Acampada contra a Pobreza pode dar acubillo, nas tendas da Praza do Rei, a aquelas que ficaron sen praza en Marqués de Valterra”.

También te puede interesar