RGPD - Cookies
Galicia

A Ribeira Sacra candidata á Lista do Patrimonio da Humanidade

A Ribeira Sacra segue a avanzar como candidata española á Lista do Patrimonio Mundial para o vindeiro ano 2021 coa súa remisión por parte do Ministerio de Cultura y Deporte á UNESCO o pasado mes de setembro.

Previsiblemente, a candidatura da Ribeira Sacra contará cun Plan de Xestión pechado pola Consellería de Cultura e Turismo a finais de 2019, avaliarase por parte da UNESCO ao longo do 2020 e irá ao Comité do Patrimonio Mundial de 2021.

Así se deu a coñecer está mañá na 86ª reunión do Consejo de Patrimonio Histórico, o máximo órgano de coordinación Patrimonial do Estado, que se celebra desde onte no Parador conquense. O devandito encontro foi presidido polo director xeral de Belas Artes do Ministerio de Cultura e Deporte, Román Fernández-Baca.

También te puede interesar