Galicia Vigo al minuto

Os profesionais da Área Sanitaria de Vigo amosan, unha vez máis, a súa solidariedade

Un grupo de profesionais da Área Sanitaria de Vigo presentaron este luns a terceira edición do calendario solidario “Amanecer 2020”, que eles mesmos realizaron e protagonizaron. Os beneficios do calendario irán destinados á Asociación de Doantes e Receptores de Órganos de Vigo, ADROVI, e á Asociación Galega de Trasplantados de Médula Ósea, ASOTRAME.

Este grupo, coordinado polas TCAEs (Técnicas de Coidados Auxiliares de Enfermaría),  Carmen Pellitero e Montse Álvarez, está composto por 26 traballadoras e traballadores de diferentes categorías profesionais, xa que ademais da enfermaría participaron celadores, azafatas, persoal de seguridade así como o facultativo e xefe de servizo de HADO, Luis Amador. Este ano contaron tamén coa participación de catro actores galegos, Carlos Blanco, Antonio Durán “Morris”, Mon Santiso e Covadonga Bernardiñas.

Unha das coordinadoras, Carmen Pellitero, afirmou que- “ano tras ano viñemos superando  as nosas expectativas, e o que empezou por unha pequena loucura de sete persoas do servizo de Urxencias do Cunqueiro foise estendendo entre o persoal, e acadamos que nesta edición participase 26 compañeiros doutros hospitais do CHUVI. Ademais, temos que agradecer moi especialmente a colaboración desinteresada dos actores galegos que non dubidaron en ofrecernos o seu apoio e sobre todo do fotógrafo e artista Anxo Barral, que fixo posible este calendario, e de Luis Cortés, un dos seus principais impulsores”-.

Este ano realizarase unha tirada inicial de 1.800 calendarios e a previsión é superar os 12.000 euros de recadación da anterior edición.

Temática Futurista inspirada no cine

A temática do calendario recrea un posible futuro distópico sobre a evolución do ser humano e a súa relación coa tecnoloxía, a intelixencia artificial e, en definitiva, a interacción home-máquina.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.