Deportes Vigo al minuto

Aberta a inscrición para a Carrera Solidaria pola Esclerose Múltiple en Vigo

Bouzas será o punto de partida e final da sétima edición da Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple o vindeiro domingo, día 27 (11:00h.)

Repetindo a fórmula do ano pasado, a alameda Suárez Llanos acollerá a saída das dúas carreiras -de cinco e dez quilómetros- e da andaina popular que programa Avempo.

O percorrido é circular, desde a alameda pasando por Pescadores, Eduardo Cabello, Beiramar, Jacinto Benavente, Coruña e Tomás Alonso. Os que compitan na categoría dos dez quilómetros darán dúas voltas ao nomeado circuíto.

Chegar aos 2.000 participantes

O obxectivo que se marca a organización é alcanzar este domingo os 2.000 participantes. O prazo de inscrición continúa aberto, a formalizar tanto na sede de Avempo (en Camilo Veiga 44) como online no portal de Laptime. Os primeiros 300 anotados nas carreiras recibirán unha camiseta técnica e os cen primeiros para a andaina, unha mochila ou bolsa de tela.

Tal e como contaron dous dos seus organizadores, Nuria Martí e Alberto Campos, este luns en  rolda de prensa, a cita solidaria do domingo é fundamental para o funcionamento de Avempo, polo que animaron á cidadanía a participar nesta xornada. Ademais, a organización habilita un “dorsal 0” para todos aqueles que, sen participar na proba, queiran colaborar coa causa.

A Esclerose Múltiple é unha enfermidade crónica, autoinmune e dexenerativa do sistema nervioso central que afecta ao cerebro e á medula espinal. É unha das enfermidades neurolóxicas máis comúns entre a poboación de 20 e 30 anos, con máis de 47.000 persoas afectadas en España.

También te puede interesar