Vigo al minuto

@galizaCIG alerta de centos de despidos no naval

A central alerta de centos de despidos se non se toman medidas de inmediato ante a “grave” situación do sector

Representantes da CIG, concentrados este venres diante da Delegación da Xunta en Vigo, demandaron a “inmediata” convocatoria da Mesa do Naval ante a grave situación pola que está a pasar o sector.

César Rodríguez, representante do naval do sindicato,  subliñou que “estase a xogar o futuro deste sector”, como pon de manifesto a situación dos dous principais asteleiros da ría de Vigo: Vulcano, “pechado”, e Barreras “en preconcurso de acreedores” e sen unha saída á vista.

A esta circunstancia súmase a débeda de máis de 20 millóns que hai coas ducias de empresas auxiliares e que de non solucionarse provocará centos de despidos, expedentes de regulamento de emprego e, mesmo, o peche, “coma xa pasou con algunha delas”.

Para a CIG as mesmas administracións que no seu día mediaron, derón a súa bendición e “avalaron” aos empresarios responsábeis da mala xestión dos asteleiros, investindo, “sen supervisión e sen control algún”, cartos públicos nos mesmos, “non poden mirar agora para outro lado”.

También te puede interesar