RGPD - Cookies
Comarcas

Redondela é un concello seguro

Esta é unha das conclusións da xuntanza da Xunta local de Seguridade, na que participaron a subdelegada do Goberno, Maica Larriba, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o xefe da Comisaría Redondela-Vigo, Luís Gallego.

A subdelegada sinalou que “os datos son incontestables e amosan o acerto nos  cambios laborais dos funcionarios pertencentes á seguridade cidadá e os seus servizos nesta localidade”.

Na reunión, na que tamén participaron membros da Corporación municipal, Policía Local e da agrupación de Tráfico da Garda Civil, fixéronse públicos valores tan significativos como un incremento do 111% en canto ao número de servizos prestados en comparativa con 2018.

Respecto diso,  Maica  Larriba mencionou que “as infraccións penais experimentaron un descenso similar a anos anteriores, aínda que hai que destacar a caída ao 39% en roubos a vivendas”.

A subdelegada engadiu que “cos datos cos que contamos a día de hoxe podemos avanzar que Redondela ten un índice de criminalidade de 19 delitos por cada mil habitantes, menos da metade da media nacional ,que é de 40 por cada mil”.

Como resultado diso, puidéronse arroxar outros datos importantes: o crecemento nun 223% nas detencións por infraccións penais ou o dato espectacular de actas incoadas por consumo de droga que chegaron a máis dun 4.000% respecto do mesmo período do ano anterior.

También te puede interesar