RGPD - Cookies
Galicia

Case o 60% dos rapaces galegos de entre 10 e 15 anos ten teléfono móbil

O 57%  das rapazas e rapaces galegos de entre 10 e 15 anos de idade teñen teléfono móbil, preto do 90% usaron un ordenador nos últimos tres meses e o 96% entraron, durante este tempo, en Internet.

Ainda así, dacordo cos datos da ‘Enquisa sobre equipamento e uso de tecnoloxías de información e comunicación nos fogares’, do Instituto Nacional de Estadística (INE), estamos ainda por debaixo da media estatal na que o 66% dos rapaces desas idades teñen móbil.

Non é a única ‘ratio’ de uso das novas tecnoloxías na que Galicia está lonxe da media: o 84% dos galegos entraron na Internet nos tres últimos meses fronte ao 90,7% do conxunto do Estado-o que fai que sexamos a comunidade con menor porcentaxe de usuarios conectados-, un dato que subliña o feito de que un 67% de galegos sexa usuario diario de Internet fronte ao 77,6% do resto de España-a porcentaxe máis baixa-.

Ademáis hai ordenador en menos do 75% dos fogares de Galicia, ainda que o 98,2% dos galegos temos teléfono móbil o 47% Tablet e o 99,3% das máis de 858.000 vivendas galegas disponen de conexión de banda ancha.

También te puede interesar