Cultura Vigo al minuto

Opinión ‘Apertas contra o odio’

Juan Labarroca/¿Que sería da nosa especie se todos seguiramos a norma establecida? Non son atropólogo pero aventúrome a dicir que se ninguén rompera as normas nunca seguiríamos vivindo nunha cova e nin sequera pintaríamos nas paredes.

Subliño o de que non son antropólogo e case me ruborizo ó lanzar esta hipotese quizáis aloucada, pero nos últimos meses Paco Sánchez e Joaquín Rábago, señores expertos en mirarse candaseu embigo, escribiron dende medios subvencionados que os sexos son dous, encorsetados, unidireccionais e inmóbiles. ¿Seguirán moitos a vivir naquela cova? Hai estudios suficientes dende o século XIX como para, ainda que un non teña nin idea da transexualidade, ter dúbidas razoables e non lanzarse a opinar de xeito gratuito. Lembremos aquela máxima que afirma que cando un non ten nin idea de algo o mellor é quedarse calado, para evitar querer ser máis papista que Giner de los Ríos, Ortega y Gasset ou Gregorio Marañon por quedarnos nos escritos máis domésticos (Don Paco, Don José,… Ler non doe).

O pasado domingo 13 faría dezaoito anos Ekai, un neno que fai dous anos vítima da transfobia e da desidia do estado decidíu acabar coa sua vida. O seu pai, Elaxar, escribía nas súas redes sociais que foi un rapaz rápido, xa cando naceu nun parto rápido. E rápido tamén nos deixou, ós dezaseis anos, deixando na súa familia unha pegada irremplazable. Coma tamen Alan, outro neno tamén vítima da mesma desidia institucional e da mesma transfobia (en parte tamen institucional).

Nestes dous anos que xa pasaron dende que Ekai nos deixou deronse moitos pasos en defensa dos menores transexuais, pero coido que ainda non os suficientes. Cada día a ese membro da tribu que decide pintar un cabalo ou un cervo na cova se llemira menos raro, xa non se critica a aquel outro que colleu unha araña xigante no mar para comer, e seguramente dentro de nada tampouco será raro que algun menbro da tribu comece a elavorar un pouco máis a súa vestimenta… e non será malo, aínda que agora non o entendamos todos.

Ós pes do Sireno de Vigo o domingo 13 PVLSE Vigo Queer, acompañados de Chrysalis Galicia, Arelas e Euforia FTA, membros de outras asociacións a título persoal e moitos paseantes que se enfrontaron a unha choiva miúda pero incesante, celebramos, como as familias de Alan e Ekai en Ondarroa, o Dia da Aperta pola Diversidade. Contrarrestar o odio (e/ou ingnorancia) con apertas sempre é a mellor resposta.

Juan Labarroca é Historiador e comunicacor cultural e vicepresidente de PVLSE Vigo Queer

También te puede interesar