Destacados Vigo al día

@MareaVigo pedirá o Plan de Seguridade do Carril Bici por medio da Valedora se non o ten este mes

Marea de Vigo reclama ao Goberno local o ‘Plan de Seguridade’ co que debe de contar o carril bici e este martes o seu portavoz adiantou que de non ter dito plan a finais deste mes pedirá o mesmo por medio do ‘Valedor do Pobo’.

O carril bici está decidido sen un criterio técnico e improvisando as medidas recomendadas pola Dirección Xeral de Tráfico (DGT) para este tipo de viais, mais a carencia dun informe de seguridade adaptado á realidade do proxecto e das rúas polas que transita, supón un serio risco para as persoas usuarias, viandantes e condutoras de transporte público colectivo e taxistas, xa que o carril transita, dun xeito inexplicable, paralelo á liña do Vitrasa, co evidente risco de impacto entre as bicicletas e vehículos de gran tonelaxe coma son os autobuses asuegura Rubén Pérez.

O plan ten que ser previo ao proxecto

Dito plan, subliña o voceiro de Marea de Vigo, “ten que ser previo ao proxecto de obra polo que a súa inexistencia constituiría unha grave irregularidade. Solicitámolo hai un mes e aínda non tivemos resposta, esperamos que non sexa porque efectivamente non existe, xa que suporía un grave incumprimento legal”.

Marea de Vigo esixe que as cuestións de seguridade estean sempre presentes nas actuacións que implican mobilidade e actuacións en vía pública. Do mesmo xeito, Marea de Vigo lembra que foi aprobada unha moción que reclamaba a necesidade urxente de adaptar a cidade “aos novos xeitos de mobilidade que cada día son unha realidade máis complexa e con formulacións que requiren tanto de infraestruturas coma de organización diferentes”.

También te puede interesar