RGPD - Cookies
Galicia Sucesos

89 persoas feridas en accidentes de tráfico nas estradas e Galicia nunha fin de semana sen mortos

O 061 asistiu durante a fin de semana a 89 persoas debido a 66 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas estre as 3 da tarde do venres, día 11, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo,  13 de outubro.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 91. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en cinco accidentes, o helicóptero medicalizado asistiu en dúas ocasións, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 70 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 11 accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en tres sinistros de circulación.

En 78 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

También te puede interesar