RGPD - Cookies
Comarcas

@depo_es destina 886.000€ á reposición do firme e mellora da seguridade da estrada entre A Cañiza e Arbo

O Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar o expediente de contratación, mediante procedemento aberto simplificado, da obra de reposición do firme e mellora da seguridade viaria na EP 5003, entre A Cañiza e Arbo. Esta actuación ten un orzamento de licitación de 886.000€.

A obra consiste no fresado e reposición do firme da estrada. Haberá tamén un treito no que se execute unha capa de microaglomerado en frío. Por outra banda, revisarase a sinalización vertical de velocidade, elevaranse varios pasos de peóns, estreitaranse os carrís na proximidade de pasos de peóns coa finalidade de producir un calmado de tráfico, reordenarase a explanada existente nas inmediacións do CP de Valeixe e redistribuiranse os espazos da plataforma nun treito para favorecer o tránsito peonil.

También te puede interesar