Galicia Sucesos

Apagados os incendios dos concellos de Chandrexa de Quiexa e Muíños que queimaron 53 hectáreas

Medio Rural informa de que os dous incendios que estaban ainda activos nos concellos de Chandrexa de Queixa e Muiños-este afectando ao Parque do Xurés– están xa apagados logo de queimar unhas 53 hectáreas.

O primeiro deles empezara a primeira hora da tarde do venres e ata que foi extinguido a primeira hora de hoxe, arrasou unhas 50 hectáreas.

Cinco axentes, 31 brigadas, catro motobombas, tres pas, 3 avións e 13 helicópteros participaron nos traballos de extinción do mesmo.

O lume de Muiños, con varios focos en Portugal, empezara o sábado e estaba xa controlado ese mesmo día. Finalmente queimou algo menos de 3 hectáreas e non se estendeu grazas ao traballo de 2 axentes, 8 brigadas, 2 motobombas, 2 helicópteros e 2 avións.

También te puede interesar