Galicia Sucesos

57 persoas feridas en accidentes de tráfico nunha fin de semana sen mortes nas estradas de Galicia

O persoal sanitario do 061 asistiu durante a fin de semana a 57 persoas debido a 44 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres 4 e as 12 menos un minuto da noite deste domingo pasado, 6 de outubro.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 58. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en tres accidentes, o helicóptero medicalizado asistiu nun ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 48 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en tres accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en tres sinistros de circulación.

En 48 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en nove ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

También te puede interesar