Galicia

Sanidade alerta da necesidade de vacinarse porque “a gripe pode ser unha enfermidade moi grave”

Segundo advertiu este luns o director xeral de Saúde Pública, a gripe “afecta cada ano a máis persoas e é unha enfermidade que pode ser moi grave ou mesmo fatal”, por iso o Servizo Galego de Saúde (Sergas), adianta este ano a ‘Campaña Antigripal’ empezando a vacinación o día 14 de outubro.

A mesma, que chegará ata o 27 de decembro, quere chegar ao 65% das galegas e galegos maiores de 65 anos; ao 55% das mulleres embarazadas; ao 55% dos traballadores da Sanidade e ao 35% dos cidadáns de entre 60 e 64 anos, sinalou Andrés Paz-Ares en rolda de prensa.

A Xunta dispón xa de 615.000 doses de vacinas antigripais, 7.000 máis que en 2018, e destinou a esta campaña 3,4 millóns 1,2 millóns máis que hai un ano.

Este 2019 Galicia será, ademais, a primeira comunidade que amplíe a vacinación a dous grupos máis de risco: os cativos se ata 6 meses de idade que naceron con menos de 32 semanas de xestación e ás persoas que teñen trastornos de coagulación.

También te puede interesar