Galicia Vigo al minuto

As partes non confirman a Sanidade o mantemento dos postos de traballo nunha venda de Povisa a Ribera Salud

Non garanten ao conselleiro de Sanidade o mantemento dos postos de traballlo so a disposición a «manter unha canle de comunicación»

A Consellería de Sanidade convocou hoxe aos representantes de Povisa a unha reunión en Santiago para solicitarlles información sobre a posible venda da clínica privada viguesa coa que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) mantén un concerto en vigor para a prestación de asistencia sanitaria na área de Vigo.

No transcurso desa reunión, á que asistiu o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, acompañado polo equipo directivo do Sergas, segundo informa o Goberno de Galicia, «os representantes de Povisa e de Ribera Salud, confirmáronlle que as negociacións entre ambos atópanse xa moi avanzadas».

Sen garantir os postos de traballo

Pola súa banda, o Sergas trasladoulles o seu posicionamento ao respecto, para que, en caso de que as negociacións frutifiquen cun cambio de titularidade na propiedade do centro hospitalario, se garantan tanto a calidade asistencial na área sanitaria como o mantemento dos postos de traballo, tal e como se recolle nos acordos do Sergas cos actuais propietarios.

A resposta de ambas partes, coma indica o Sergas nunha nota de presa foi, literalmente, «neste sentido, ambas as dúas partes empresariais amosaron a súa disposición a manter unha canle de información permanente co Sergas sobre o desenvolvemento das negociacións que están iniciadas».

O último concerto do Sergas con Povisa para a prestación de servizos asistenciais médico hospitalarios asinouse o 1 de setembro e ten unha duración prevista ata o 31 de agosto de 2022.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.