Comarcas

@ArboConcello remata a mellora do alumeado en Portela en na rúa Antonia Tovar

O Goberno local de Arbo vén de rematar a mellora no alumeado en Portela e na rúa Antonia Tovar, que contaron cun orzamento de máis de 8.000€, financiados con cargo ao Plan Concellos 2019 da Deputación.

Dende o Concello, dacordo coas bases da subvención para o “Subministro para a Mellora da eficiencia e seguridade do Alumeado Público”, levouse a cabo esta mellora coa finalidade de cumprir cos niveis mínimos de iluminación, cambiando a potencia das lámpadas e a distribución especial dos puntos de luz.

Ao mesmo tempo que proporciona unha luz de calidade, o novo alumeado tamén reduce o consumo, mellora a eficiencia das fontes de iluminación, e mellora a seguridade, coa revisión das conexións a terra e das proteccións do bastidor no Barrio de A Portela, Parroquia de Mourentán – Arbo e na Rúa Antonia Tovar, no centro urbano.

También te puede interesar