Cultura Destacados

O Consorcio do Casco Vello abre o camiño á nova sede de @DownVigo coa venda do inmoble a @zonafrancavigo

O Consorcio do Casco Vello acordou a venda a Zona Franca da propiedade da rúa Real 27. Unha operación que, segundo dixo a presidenta do Consorcio, suporá para o ente público uns ingresos de 808.220€ que permitirán a adquisición e rehabilitación de novos inmobles.

Corina Porro lembrou que esta edificación foi cedida no 2016 polo Consorcio do Casco Vello de Vigo en dereito de superficie á asociación Down Vigo, nun acordo que implicaba a rehabilitación do inmoble por parte desta asociación que nunca chegou a executarse.

Logo do interese manifestado na propiedade por Zona Franca, e toda vez que Down Vigo renunciou o dereito de superficie o pasado 5 de setembro, a edificación pasará agora a mans do organismo estatal.

Finaliza así o proceso de transferencia por parte Casco Vello da propiedade do inmoble, tal e como explicou Corina Porro, a falla de firmar a escritura. “Despexamos o camiño para a instalación no inmoble, unha vez que Zona Franca o rehabilite, da sede de Down Vigo”, subliñou.

También te puede interesar