Galicia

@ConcelloNigran abre o prazo para o Curso Preparatorio da Proba Libre de ESO

O Concello de Nigrán, en colaboración coa Fundación Radio ECCA, ten previsto iniciar o 4 de outubro o ‘Curso de Preparación da Proba Libre da ESO’, dirixido de forma prioritaria a persoas desempregadas e empadroadas na vila.

Esta actividade desenvolverase en modalidade semipresencial (entregarase material para que o alumno traballe na casa, sendo obrigatoria a parte presencial dos luns e mércores de 9.00-14.00 nas instalacións do Centro da 3º Idade de Ramallosa).

As persoas interesadas en participar, deberán presentar a súa solicitude no Rexistro Municipal dende este venres, día 27 de setembro, ate o venres  4 de outubro, cubrindo unha instancia. Aquelas que posúan a acreditación dixital correspondente, tamén poderán inscribirse mediante a propia plataforma da Sede Electrónica municipal.

Para ampliar esta información, pódese contactar co Departamento de Servicios Sociais, no 986-365000 (extensión 4) e coa Fundación ECCA no 986 227 315 ou formular consultas a través do correo electrónico [email protected] , facendo constar sempre un teléfono de contacto para facilitar a comunicacíón e resposta.

También te puede interesar