Destacados Vigo al minuto

A Xustiza condena a PSA Citroën Vigo a reincorporar a unha traballadora coma fixa considerando nulo o seu despedimento

A Xustiza vén de condenar a PSA Citroën Vigo a reincorporar a unha traballadora eventual con diversos contratos, “por fraude de lei,” como traballadora fixa, “considerando o seu despedimento nulo”, segundo informa o sindicato CUT.

A traballadora eventual, co gallo da rebaixa salarial pola modificación do seu nivel profesional, que provocou que no seu ultimo contrato se lle rebaixase do seu Nivel 4 ao Nivel 1B demandou a PSA Citroën Vigo, sendo finalmente o cese do seu contrato eventual tan so dous dias antes do xuízo.

“A utilización de contratos temporais pos parte de PSA e unha constante, con cláusulas empregadas de forma abusiva e fraudulenta, tal e como di a sentencia“, subliñan dende a CUT.

Para a central é mais que evidente que a temporalidade do contrato de traballo e plenamente fraudulenta, posto que non se causalizaron debidamente os diferentes cambios de circunstancias que se foron sucedendo, para intentar acomodar a realidade.

A sentenza señala, tamén, que é evidente que hai un abuso fraudulento da contratación temporal porque empregase a temporalidade para mover funcionalmente á traballadora para as necesidades que aparecen, pero dentro dunha actividade permanente, sen modificación da causa e sen facelas novacións contractuais formais”.

Esta sentencia non so beneficia a traballadora, subliñan dende a CUT, ademáis “abre a porta a que moitas persoas traballadoras en situación de eventualidade, poidan ter a posibilidade regular a mesma”.

Esta circunstancia de alta eventualidade está sendo  denunciada de forma continuada perante a Inspección de Traballo, “esperando a que actúe ante este despropósito”.

También te puede interesar