Destacados Vigo al minuto

A Xustiza condena a PSA Citroën Vigo a reincorporar a unha traballadora coma fixa considerando nulo o seu despedimento

A Xustiza vén de condenar a PSA Citroën Vigo a reincorporar a unha traballadora eventual con diversos contratos, “por fraude de lei,» como traballadora fixa, “considerando o seu despedimento nulo”, segundo informa o sindicato CUT.

A traballadora eventual, co gallo da rebaixa salarial pola modificación do seu nivel profesional, que provocou que no seu ultimo contrato se lle rebaixase do seu Nivel 4 ao Nivel 1B demandou a PSA Citroën Vigo, sendo finalmente o cese do seu contrato eventual tan so dous dias antes do xuízo.

“A utilización de contratos temporais pos parte de PSA e unha constante, con cláusulas empregadas de forma abusiva e fraudulenta, tal e como di a sentencia“, subliñan dende a CUT.

Para a central é mais que evidente que a temporalidade do contrato de traballo e plenamente fraudulenta, posto que non se causalizaron debidamente os diferentes cambios de circunstancias que se foron sucedendo, para intentar acomodar a realidade.

A sentenza señala, tamén, que é evidente que hai un abuso fraudulento da contratación temporal porque empregase a temporalidade para mover funcionalmente á traballadora para as necesidades que aparecen, pero dentro dunha actividade permanente, sen modificación da causa e sen facelas novacións contractuais formais”.

Esta sentencia non so beneficia a traballadora, subliñan dende a CUT, ademáis “abre a porta a que moitas persoas traballadoras en situación de eventualidade, poidan ter a posibilidade regular a mesma”.

Esta circunstancia de alta eventualidade está sendo  denunciada de forma continuada perante a Inspección de Traballo, “esperando a que actúe ante este despropósito”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.