'Qué te cuentas?' Ciencia y Tecnología

@IEOVigo súmase á #NoiteEuropeaInvestigadores con talleres o vindeiro venres na Casa das Artes

O Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO), compartirá o seu traballo coa sociedade nos talleres científicos que levará a cabo na Casa das Artes -Policarpo Sanz, 15- o próximo 27 de setembro de 17 a 23 horas, coincidindo coa Noite Europea dos Investigadores.

Persoal das principais liñas de investigación do Centro responderá ás preguntas e achegará as súas explicacións sobre diversos temas, como os ecosistemas profundos, os recursos vivos e a pesca, a oceanografía e a contaminación, o plancto e as mareas vermellas.

Impacto do home no mar

Esta actividade, centrada este ano no impacto do ser humano no mar, levarase a cabo en sete talleres a modo de “minilaboratorios” adaptados a todas as idades, onde se poderá interactuar e aprender, de xeito sinxelo e lúdico. Os máis pequenos contarán cun taller de reciclado, relacionado coa temática xeral do evento, no que mediante xogos e manualidades se achegarán ó océano. Ademais instalarase unha zona interactiva na que se poderá visualizar un vídeo sobre el Centro Oceanográfico de Vigo en formato de 360º, no que se poderá coñecer o traballo que desenvolve.

Talleres de Gyotaku

Ó longo da tarde realizaranse catro talleres de Gyotaku, método tradicional artístico xaponés que consiste na impresión natural de peixes. Haberá unha sesión para nenos (de 8 anos en adiante), ás 17.30h e outra ás 18.30h con 10 participantes cada unha e dúas para adultos: 20.00 e 21.30h, con 15 participantes cada unha. Para poder participar nos talleres de Gyotaku é precisa inscrición previa no correo [email protected], indicando se está interesado en participar na sesión de nenos ou adultos e dando un nome e un teléfono de contacto.

A inscrición ábrese este martes, día 24, e as prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición, ata completar aforo.

Os talleres completaranse coa realización de un bingo mariño e un Kahoot, no que os participantes responderán preguntas relacionadas coa actividade por medio de un dispositivo móbil. Ademais haberá un photocall para que os participantes poidan inmortalizar o seu paso pola actividade.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.