Comarcas

O BNG de Redondela denuncia que o Concello “está tomado por AER”

Redondela abre o prazo de inscrición no 'Programa de Conciliación 2021'

O BNG de Redondela vén de denunciar a “presenza constante de membros non eleitos” da Agrupación de Electores de Redondela  (AER), nas dependencias do Concello.

Dende o Bloque  describen algunhas situacions que “recordan máis a tempos pretéritos onde as maiorías absolutas do PSOE, permitiron que persoas alleas á Corporación tiveran unha presenza constante no Concello”.

A “presenza na foto oficial de actos organizados polo Goberno municipal con motivo do Entroido de Verán”;  desenvolverse polos diferentes despachos sen ningún tipo de complexo; realizar requerementos a concelleiros ou concelleiras ou incluso a traballadores e traballadoras municipais, creando “situacións incómodas”; ou o “manexo da fotocopiadora do Concello en nome da organización” son, segundo o BNG, algún dos feitos protagonizados “por membros de AER que non foron eleitos democráticamente pola veciñanza, mais que se outorgan esta capacidade, nunha clara situación de privilexio respeito ao conxunto da veciñanza”.

O último destes episodios, sinala o Bloque de Redondela nunha nota, constitúeo a cesión dunha oficina a AER nas propias dependencias municipais, “atendido por estas persoas que non foron eleitas polos e polas redondeláns”.

O BNG recoñece o dereito a que os dous concelleiros e a concelleira desta forza, dispoñan de cadanseu despacho, “mais o que nos parece impresentabel, é o feito de que a Agrupación como forza que se presentou ás eleicións municipais, dispoña dunha oficina nunha clara utilización fraudulenta de espazos públicos. Xa denunciamos no mandato anterior unha estratexia similar do PP”, recordan

También te puede interesar