Comarcas

@ConcelloNIgran insta á @Xunta a cambiar as tubaxes oxidadas do CEIP Mallón logo de detectarse altos niveis de ferro na auga

O Concello de Nigrán insta á Xunta a que execute sen demora obras de substitución das vellas e oxidadas tubaxes do CEIP de Mallón ao detectarse niveis de ferro elevado na auga, pese a ser apta para o consumo.

Así o reflicte a analítica realizada esta semana dende a concesionaria Aqualia, a instancias do propio Concello, e que foi remitida hoxe a Consellería de Educación xunta a imaxes e un escrito oficial.

Boa parte da instalación data dende o ano de construción do centro en 1987 “e presenta a simple vista un gran deterioro” que, ao inicio de cada curso escolar e tras meses sen uso, faise visible na propia auga durante os primeiros días.

Co obxectivo de outorgarlle a máxima celeridade, o Concello trasladará a maiores na vindeira semana á Consellería de Educación un informe municipal no que se valore a intervención e a súa contía económica (xa se contratou a unha empresa ao efecto). Paralelamente, mentres os niveis de ferro non baixen, o Concello continuará subministrando ao centro escolar bidóns de auga embotellada.

Aínda que sexa auga apta para o consumo a calidade non é a máxima, polo que dende o Concello preferimos achegar auga embotellada ata que se corrixa a situación», indica o alcalde, Juan González.

Así, os diferentes parámetros analizados son correctos e no caso do ferro presenta 223 mg/litro, amosando neste aspecto unha pequena incidencia ao superar os 200 mg/litro (a partir dos 500 mg/litro consideraríase non apta para o consumo, tal e como recolle o Real Decreto 140/2003 que establece os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano).

«Hai anos que vimos reclamando á Xunta a substitución das tubaxes do CEIP Mallón que, loxicamente, tras 32 anos de uso, están totalmente deterioradas, como a simple vista se aprecia«, incide o alcalde. «Os Concellos temos a obriga de realizar o mantemento dos centros educativos, pero é obvio que estas cuestións responden a que os materiais empregados na construción dos colexios xa rebasaron a súa vida útil. A analítica da auga advirte de que o cambio é necesario e urxente e así llo reiteraremos á Xunta as veces que faga falta».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.