Galicia Vigo al minuto

Andaina solidaria para apoiar a Folga Mundial polo Clima

Coincidindo coa ‘Folga Mundial polo Clima’, o sábado 28 de setembro, o ‘Movemento Galego polo Clima’ organiza unha andaina solidaria polos montes de Cabral e Tameiga.

Ao final da mesma haberá un xantar popular, e unha charla no Parque da Adecuación, en Tameiga, e proxectarase, no auditorio do CSCD As Pedriñas, a película ‘También la lluvia’, da directora Icíar Bollaín.

A andaina, que percorrerá 5,5 quilómetros, sairá ás 10:40 h. da rotonda do Ifevi de acceso ao Aeroporto e rematará á 1 da tarde no Parque da Adecuación.

También te puede interesar