Galicia Vigo al minuto

A “mobilización veciñal” logra que comecen as obras na Baixada á Lagoa, en Teis

Esta semana comezaron as obras para a reparación do afundimento existente na Baixada a Lagoa, “que levaba máis dun ano sen reparar”, sinalan dende a Asociación Veciñal de Teis.

Segundo indican dende a mesma, o mal estado desta Baixada provocaba dificultades para circular vehículos, sendo o aceso existente para praias da Lagoa, A Manquiña e A Fabrica e un dos acesos para o paseo do borde do litoral.

“Esta situación xa fora denunciada por esta Asociación no 2018 e neste verán”. Ademais da denuncia o pasado 1 de agosto celebrouse unha concentración no lugar do afundimento, esixindo unha actuación do Concello.

“A denuncia é a mobilización veciñal, foi o conseguiu que o goberno municipal comezara a reparar a Baixada a Lagoa, se non aínda estariamos agardando por unha solución”.

Desde a Asociación Veciñal lembran que nesta Baixada, hai un muro en perigo de caerse, que esta sinalizado desde hai meses. Os representantes veciñais, na xuntanza mantida este xoves coa concelleira de Urbanismo, reiteraron a súa petición de que o Concello  esixa ao propietario deste muro a súa reparación.

También te puede interesar