Destacados Vigo al minuto

@MareaVigo denuncia que o Goberno local non aproveita urbanizacións coma a do Barrio do Cura para crear vivenda pública

«Lonxe de traballar nos aproveitamentos lucrativos dos convenios urbanísticos, o Concello está evitando ter vivendas en propiedade directa que permitan dotarse de parque co que dar resposta tanto a situacións de emerxencia como á creación dun sistema de vivenda pública con alugueiros regulados”.

Así explicouno este martes o voceiro municipal de Marea de Vigo , quen volveu demandar “un  sistema que evite, dende a xestión pública, os brutais incrementos nos alugueiros urbanos que estamos a vivir en Vigo e que xa son dos principais problemas aos que se enfrontan as familias viguesas».

Pisos municipais para pagar o rescate do Mar de Vigo

Rubén Pérez lembrou a “errónea decisión de 2014” de acometer a venda os pisos de República Arxentina, e que un ano despois, xa coa Marea de Vigo no consistorio, foi negada a posibilidade de paralizar a venda cando aínda quedaban 16 vivendas, coa opción de empregar os recursos económicos obtidos, naquela altura 5 millóns de euros, en adquirir outras con valores catastrais menores para aumentar o parque.

«Non se nos fixo caso e finalmente os 5 millóns de euros foron empregados para o rescate infame do Auditorio Mar de Vigo» asegurou  Pérez.

Barrio do Cura

No caso do barrio do Cura, o criterio do 30% da reserva para a vivenda suxeita a algún réxime de protección pública, aplícase, según Marea de Vigo, «de xeito sorprendente á edificabilidade e para os terreos que son necesarios para o proceso de urbanización» e non «ao número final de vivendas existente».

Isto o que vai facer, aseguran dende Marea de Vigo, é que “cando estean rematadas as 400 vivendas existentes apenas o 7,5% terán algún tipo de protección. Un proceso máis de converter os centros urbanos en espazos privativos para as clases traballadoras da cidade”.

Para a concelleira Oriana Méndez, un feito indicativo disto é «a celeridade de propoñer o túnel soterrado de Porta do Sol con saída en Alfonso XII, un túnel que de xeito descarado é un servizo complementario do proceso de urbanización máis que unha alternativa para o soterramento da Porta do Sol».

«Este proxecto  fíxose ademais saltándose varios dos requisitos da UE para os proxectos DUSI, como é a consulta e recollida das demandas da veciñanza da zona», concluiu a concelleira.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.