Galicia Vigo al minuto

A Biblioteca do Estado en Vigo non terá proxecto de execución ata 2021

O Goberno vén de responder a Galicia en Común que o obxectivo do Ministerio de Cultura será diseñar o proxecto básico da Biblioteca do Estado en Vigo para o ano 2020.

“Ante as preguntas de Galicia en Común sobre a Biblioteca do Estado en Vigo, unha vez máis sorpresa pola resposta do Goberno en funcións porque argumentan que non teremos proxecto de execución non antes do 2020”, denunciou a voceira Yolanda Díaz.

O obxectivo do Ministerio sería dispoñer do proxecto básico no ano 2020 para a tramitación de licencias e autorizacións, polo que o proxecto de execución non sería ata o 2021.

“Se non temos proxecto antes de 2020 é que non teremos Biblioteca do Estado en Vigo ata dentro de polo menos 4 anos”, denunciou Díaz.

A deputada lembrou que «estamos pedindo que con carácter urxente” se execute e se practique o proxecto de execución e que procedan –“parécenos ben que os técnicos elixan a fórmula do solar”- á licitación das obras para que nun prazo razonable de tempo ter rematadas as obras.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.