'Qué te cuentas?' Comarcas

@fomentogob confirma á alcaldesa de Redondela que autorizará a colocación do semáforo á altura de CEIP ALexandre Bóveda, en Chapela

A alcaldesa de Redondela reuniuse en Pontevedra coa subdelegada do Goberno, Maica Larriba e o xefe da demarcación de Estradas do Ministerio de Fomento, Ángel González del Río, para transmitir a necesidade de acometer a instalación dun semáforo na N-552, de cara a “mellorar a seguridade viaria á altura do CEIP Alexándre Bóveda en Angorén, na parroquia de Chapela”.

Digna Rivas informóu tanto á Larriba coma a González del Río que dita infraestrutura xa fora solicitada hai dous anos pola anterior Corporación “e que a estas alturas seguía sen concretarse”. Segundo os datos achegados por Fomento, a petición formulada polo anterior Goberno non cumpría “cos requisitos necesarios” polo que quedara paralizada.

A alcaldesa trasladou “a urxente necesidade da súa realización”, ao tratarse dunha infraestrutura que non só dará servizo ao centro escolar, senón á veciñanza desta zona de Chapela atravesada por unha estrada, como a N-552, que rexistra unha alta densidade de tráfico rodado.

Maica Larriba transmitiu á alcaldesa a súa disposición de impulsar esta actuación demandada pola comunidade escolar o mesmo que Ángel González del Río quen asegurou a Rivas, que “no máis breve prazo posible, analizarase unha ubicación para a colocación do semáforo en colaboración cos técnicos municipais”.

También te puede interesar