RGPD - Cookies
Galicia

As obras obrigan a desviar, desde este luns, o tráfico no enlace entre Cea e a autovía A-52

A Consellería de Infraestruturas inicia este luns os traballos de conservación e mellora do firme das autovías AG-53 e AG-54, cun investimento de máis de 240.000€.

Esta intervención, que prevé executarse ao longo das vindeiras dúas semanas para rematar este mesmo mes de setembro, comprenden traballos na autovía AG-53, no tramo entre o enlace de Cea e a A-52, e en toda a AG-54, incluídos os ramais dos enlaces.

As principais reparacións realizaranse principalmente no carril dereito das vías, farán necesario cortes nos mesmos. As reparación que se realizará no enlace da AG-53 coa A-52 obrigará ao corte dese ramal, habilitándose o desvío do tráfico a través dos ramais do enlace A-52 – OU-402 e OU-402 – AG-53.

No tramo do enlace de Dozón e o enlace de Cea repararase a zona onde se aprecia un maior desgaste do firme, como actuación de conservación previa á intervención de renovación extraordinaria do pavimento programada para 2020.

También te puede interesar