Ana Pontón (Sarria 1977) anunciou este domingo que está embarazada de 18 semanas. “Hai momentos na vida emocionantes e cheos de alegría. Estou viviendo un deles. En poucos meses seremos unha máis na familia. Estou embarazada de dezaoitos semanas!! Non podía ser máis feliz”, comentou en Twitter.
https://twitter.com/anaponton/status/1173174252515860480
Axiña houbo moitas respostas a este anuncio, coma o do presidente do Goberno de Galicia, Alberto Núñez Feijóo quen escribiu “Parabéns, Ana! Unha gran noticia. Pola miña experiencia, que a familia medre é a mellor das decisións e a maior das alegrías. Que vaia todo ben! Unha aperta”.