Galicia Vigo al minuto

A ETEA será o escenario o domingo da Festa da Asociación Veciñal de Teis

A Asociación Veciñal de Teis, celebra este vindeiro domingo, 15 de setembro , a súa festa anual na praza da ETEA. Esta edición, a número 15,”inclúe unha ampla xornada de actividades durante todo o día”, sinalan os seus organizadores.

Este é o quinto ano, que a festa é na ETEA, unha iniciativa que  ten coma obxectivo “reivindicar a recuperación total destes terreos, que se atopan nunha situación de abandono desde a saída dos militares, e salientar o potencial deste espazo para a realización de eventos culturais”.

Inicio ás 12:30 horas

A celebración comeza ás 12:30 horas, coa actuación das pandeiretas “As Bubelas”, ás 14:00 horas, desenvolverase o xantar na propia praza, previa inscrición no local da asociación até este venres, día 13.

Haberá actividades para nenas e nenos desde ás 17:00 horas ate ás 20:00 horas, funcionaran inchábeis de tobogáns acuáticos e ás 18:00 horas contacontos.

Este ano, ademáis “contamos coa colaboración do Instituto de Investigacións Mariñas, que montará uns obradoiros para explicar as actividades de investigación que desenvolve este centro en Bouzas”.

O programa de actuacións inclúe ás 17:30 horas a actuación do grupo L’ Danza, ás 18:00 horas actuación do grupo folclórico de Paredes de Coura (Portugal) e o grupo de gaitas da asociación, ás 19:30 horas actuación das pandeiretas de Bembrive e ás 20:00 horas actuación do grupo de acordeóns Helios de Bembrive.

También te puede interesar