Galicia Vigo al minuto

A ETEA será o escenario o domingo da Festa da Asociación Veciñal de Teis

A Asociación Veciñal de Teis, celebra este vindeiro domingo, 15 de setembro , a súa festa anual na praza da ETEA. Esta edición, a número 15,”inclúe unha ampla xornada de actividades durante todo o día”, sinalan os seus organizadores.

Este é o quinto ano, que a festa é na ETEA, unha iniciativa que  ten coma obxectivo “reivindicar a recuperación total destes terreos, que se atopan nunha situación de abandono desde a saída dos militares, e salientar o potencial deste espazo para a realización de eventos culturais”.

Inicio ás 12:30 horas

A celebración comeza ás 12:30 horas, coa actuación das pandeiretas «As Bubelas», ás 14:00 horas, desenvolverase o xantar na propia praza, previa inscrición no local da asociación até este venres, día 13.

Haberá actividades para nenas e nenos desde ás 17:00 horas ate ás 20:00 horas, funcionaran inchábeis de tobogáns acuáticos e ás 18:00 horas contacontos.

Este ano, ademáis “contamos coa colaboración do Instituto de Investigacións Mariñas, que montará uns obradoiros para explicar as actividades de investigación que desenvolve este centro en Bouzas”.

O programa de actuacións inclúe ás 17:30 horas a actuación do grupo L’ Danza, ás 18:00 horas actuación do grupo folclórico de Paredes de Coura (Portugal) e o grupo de gaitas da asociación, ás 19:30 horas actuación das pandeiretas de Bembrive e ás 20:00 horas actuación do grupo de acordeóns Helios de Bembrive.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.