Comarcas

@depo_es remata as obras de renovación da EP-4006 que transcorre por Ponteareas, Salvaterra e @AsNevesConcello

A presidenta da Deputación de Pontevedra, xunto aos alcaldes de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez, e Ponteareas, Xosé Represas, e o alcalde accidental de Salvaterra, Ernesto Groba, visitou este xoves a renovada EP 4006 que transcorre por Ponteareas, As Neves e Salvaterra.

A actuación acometida, que ascende a preto de 570.000€, aposta “polo modelo de mobilidade e seguranza viaria”, salientou Carmela Silva, quen lembrou que trátase  dunha “actuación moi relevante, que abrangue case 13 quilómetros dunha vía que articula esta parte tan importante do territorio que temos que impulsar a todos os niveis, xa que non é posible manter poboación no territorio e crear crecemento económico sen recursos”.

O alcalde de As Neves, subliñou a importancia desta actuación para a seguridade e aproveitou para agradecer á Deputación “o seu interese por esta zona do sur, xa que o equilibrio é necesario en todo o territorio”.

A actuación desenvolvida na EP 4006 esténdese entre Ponteareas, As Neves e Salvaterra e enlaza coa autovía A-52. En concreto, a obra consistiu no fresado e reposición de firme en varios treitos da estrada (49.425 m2), para o que se necesitaron unhas 5.800 toneladas de formigón bituminoso, 290 toneladas de betún asfáltico, e na execución de microaglomerado en frío (48.300 m2). Amais tamén se levou a cabo o pintado da estrada, renovouse a sinalización horizontal e impulsáronse actuacións do Plan Móvese.

También te puede interesar