Galicia Vigo al minuto

As obras do albergue de Vigo para peregrinos empezan este mes

Eurocidade Tui-Valença organiza 5 etapas polo Camiño Portugués de Porto a Tui

O presidente do Goberno de Galicia informou este venres de que de no Xacobeo 2021 haberá unha  rede pública de albergues “ampliada e mellorada”, cun plan que primará a rehabilitación de edificios con valor patrimonial ou histórico nas distintas rutas xacobeas.

Máis polo miúdo, o presidente Feijóo precisou que esta iniciativa, dotada con 7 millóns de euros, permitirá a creación de 8 novos albergues públicos no Camiño de Santiago: en Vilasantar (Camiño do Norte), onde se reformará a antiga casa reitoral; no Saviñao (Camiño de Inverno), grazas á remodelación do Palacio Episcopal de Diomondi; na Gudiña (Vía da Prata), con melloras na coñecida como Casa da Viúva;  no concello de Vigo; en Rodeiro (Camiño de Inverno) e na Coruña (Camiño Inglés); en San Cristovo de Cea (Vía da Prata), e en Sobrado (Camiño do Norte).

No que se refire a Vigo, como informara vigoalminuto,este será o primeiro albergue público da cidade, adxudicado en 1,2 millóns de euros, ubicado no barrio do Berbés e cuxas obras, comezarán este mesmo mes de setembro.

También te puede interesar