Ciencia y Tecnología Galicia

@galizasencarbon rexeita a iniciativa do PP a favor da central de carbón das Pontes

A plataforma “Galiza, un futuro sen carbón” pide a todos os grupos parlamentarios da oposición que voten ‘Non’ á iniciativa do PPdG, que “só busca atrasar aínda máis a urxente transición enerxética”.

Dende esta asociación asegúrase que “o PPdeG non quere unha transición enerxética xusta e ordenada, senón interminable e á medida do interese de grandes empresas como Endesa, dona da central de carbón das Pontes”

Para ‘Galiza, un futuro sen carbón’, o Partido Popular non propón medidas de protección dos traballadores “senón axudas económicas e exencións fiscais a demadar ao Goberno estatal para favorecer a xeración de cambio climático na central de carbón das Pontes”. Esta será a única activa en Galicia despois do peche da central de Meirama en 2020, decidido pola súa propietaria Naturgy.

O informe “O prezo do carbón” sinala que “é posible, ademais de urxente e necesario, o peche planificado da central de carbón das Pontes, a máis tardar en 2025”. Esta central eléctrica, con xa 40 anos de actividade, “é a industria situada en Galicia que provoca maior impacto ambiental negativo dentro e fóra do noso territorio”.

En 2018 volveu estar entre as 20 maiores industrias emisoras de dióxido de carbono (CO2) da UE. Unhas emisións que non reducirá a reforma da que está a ser obxecto para se adaptar, con catro anos e medio de atraso, á Directiva de Emisións Industriais (DEI), que non afecta ao CO2, principal gas de efecto invernadoiro causante de cambio climático.

También te puede interesar