Destacados Vigo al minuto

Trece empresas presentan ofertas para a construción do Centro de Saúde de Bouzas

Trece empresas, doce delas galegas e unha con sede en Madrid, presentaron as súas ofertas para a construción do novo centro de saúde de Bouzas, que  o Goberno galego licitou o pasado 6 de agosto por por preto de 1,4 millóns de euros e un prazo máximo de execución previsto de 14 meses.

Segundo os prazos de Sanidade, a finais de 2020 os veciños de Bouzas que actualmente reciben asistencia nos centros de saúde de López Mora, Beiramar ou Navia terán un centro sanitario de Atención Primaria na súa contorna.

O Centro de Saúde de Bouzas, que estará emprazado nas inmediacións da Alameda, entre as rúas  Suárez Llanos e Ferreiros, constará de dous volumes construtivos, con dous plantas cada un, que sumarán unha superficie total de 860 metros cadrados e que se comunicarán mediante unha galería.

Segundo informa a Xunta, “estará equipado con tres consultas de medicina xeral, tres de enfermería e unha sala polivalente”.

También te puede interesar