Comarcas

@ponteareas_gal abre o prazo para solicitar as axudas para libros e material escolar

ACIP rexeita a tenencia de Alcaldía e as concellerías que ofrece o PP de Ponteareas

A concellería de Ensino do Concello de Ponteareas, informa de que xa están publicadas no Boletín Oficial da Provincia as bases das axudas para libros e material escolar para o curso 2019/2020 destinadas ao alumnado matriculado en educación infantil (4º, 5º e 6ª), FP básica, ciclos formativos e Bacharelato.

O prazo de admisión de solicitudes finalizará o 30 de setembro, estando destinadas a familias con ingresos de ata 21.000€, empadroadas en Ponteareas que teñan menores ao seu cargo, matriculados para o curso escolar 2019/2020 nalgún centro de ensino da vila en Educación Infantil (4º, 5º e 6º), FP Básica, Ciclos Formativos e Bacharelato, ou noutra localidade no caso de CF ou Bacharelato, para axudas de libros de texto e material escolar e que non dispoñan de ningunha outra axuda de organismo público.

As bases e impresos de solicitude poden consultarse na páxina web do concello premendo aquí.

 

También te puede interesar