Cultura Destacados

@CascoVelloVigo organiza dende este venres as ‘IV Xornadas do Mar’

Este venres, día 6 comezan as ‘IV Xornadas do Mar’, que organiza a Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello.

Coa declaración do ‘Tesouro Humano Vivo do Casco Vello’ en 1989, a UNESCO, recomendou aos Estados a Salvagarda das Cultura Tradicional e Popular, exhórtandonos a preservar a cultura autóctona nos seus países respectivos, culminando no 2003 coa adopción da Convención para a salvagarda do Patrimonio Cultural inmaterial, onde se propuña aos gobernos dos estados, aos gobernos locais e mesmo ás propias comunidades, a tarvés do seu tecido asociativo, o levantamento de listados de  Patrimonio inmaterial, e a facer tamén un relatorio das persoas que posúan as habilidades que fan que ese patrimonio se trasmita para coñecemento das novas xeracións. Son os chamados “Tesouros Humanos Vivos”.

También te puede interesar