RGPD - Cookies
Galicia

Adxudicadas en 790.000€ as melloras en seis estradas das comarcas do Condado, Pontevedra e Vigo

A Consellería de Infraestruturas  vén de adxudicar as obras de mellora do firme en seis estradas das comarcas do Condado, de Pontevedra e de Vigo por un investimento de máis de 790.000€.

Segundo informa o Goberno de Galicia, as obras comezarán este setembro e terán un prazo de execución duns tres meses, aproximadamente.

Os traballos proxectados levaranse a cabo en varios tramos das estradas PO-255, PO-403, PO-252, PO-261, PO-262 e PO-244, ao seu paso polos concellos de Ponte Caldelas, A Lama, Fornelos de Montes, Covelo, A Cañiza, Ponteareas, Salvaterra de Miño, Mondariz, Pazos de Borbén e Soutomaior.

Reposición do firme, barreiras de seguridade e pasos peonís

As actuacións consistirán no fresado e a reposición do firme naqueles puntos nos que a capa de rodadura presente carencias ou se atope deteriorada.

Ademais, executaranse unha serie de medidas complementarias na PO-255, no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 19+980 e 23+250, de Ponte da Cereixa a Barcias, onde se colocarán varios treitos de barreiras de seguridade. E na estrada PO-244 executaranse tres pasos peonís sobreelevados, no p.q. 2+170, en Ponte Caldelas, e nos puntos quilométricos  9+910 e 12+440, no Concello de Soutomaior.

También te puede interesar