Galicia Sucesos

53 feridos en accidentes de tráfico nunha fin de semana sen mortos nas estradas de Galicia

Muere arrollada por un tren, en A Coruña

O persoal do 061 asistiu durante a fin de semana a 53 persoas debido a 41 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tardo do venres, 30 de agosto, ata as 12 menos un minuto da noite deste do domingo, 1 de setembro.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 43 chamadas en relación cos accidentes de tráfico.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 60. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en cinco accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 42 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 12 accidentes. As ambulancias convencionais asistiron nun sinistro de circulación.

En 45 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en  oito ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.