Vigo al minuto

@MareaVigo esixe que o Concello faga cumprir o regulamento sobre ocupación da vía pública

Denuncia que el Concello permite, con total impunidade, os incumprimentos de terrazas de bares e cafeterías, entre outros

Marea de Vigo considera que calquera persoa que queira colocar un andamio, ter un vado ou cortar a vía pública ante unha obra ou mudanza ten que pagar taxas, polo que non se entende que iniciativas privadas empreguen báculos de farolas con anuncios, ocupen de xeito irregular vías públicas con mesas e cadeiras e, agora, empreguen mobiliario viario adicado gratuitamente a bicicletas para servizo de recollida e aparcadoiro de patinetes eléctricos, “con total impunidade e deixadez do Goberno local”.

Imcumprimento das terrazas de bares e cafeterías

Ademais, Marea de Vigo segue a denunciar que se permita con total impunidade os incumprimentos da ordenanza que regula a ocupación de vía pública con terrazas hosteleiras xa que en Vigo non están permitidas as terrazas permamentes (a ordenanza obriga a recoller todas as noites os elementos, retiralos da vía pública e mesmo limpar o espazo que ocuparon) e non se cumpren os espazos de tránsito de viandantes en centos de terrazas.

Unha nova ordenanza que regulara o uso de terrazas permanentes a cambio dunha taxa pola cesión temporal de espazo público e dar saída final a ordenanza de mobilidade sostible serían unha boa solución para evitar esta situación de alegalidade permanente.

“Mentras non se regula claramente pola DGT o uso de patinetes eléctricos e as tipoloxías dos mesmos, para Marea de Vigo queda claro que non deberían circular polas beirareúas, e de facelo ten que ser a paso de peón”, indican dende Marea de Vigo.

Do mesmo xeito, a actividade de alugueiro e estacionamento dos mesmos nos elementos do mobiliario público é unha actividade ilegal e polo tanto o Concello debe retirar inmendiatamente estes elementos que xa están presentes en case todos os espazos públicos reservados para bicicletas.

También te puede interesar