RGPD - Cookies
Deportes Destacados

O reformado Campo de Fútbol de A Bouza xa está a dispor das xogadoras e xogadores do Cristo da Vitoria e do Club Deportivo Coia

A presidenta da Deputación inaugurou este mércores a mellora do campo de fútbol de A Bouza, en Coia, “un dos once campos municipais que están a ser renovados” no marco do convenio co Concello e que supuxo un investimento de preto de 300.000€.

Carmela Silva reivindicou que “todas as rapazas e rapaces son o futuro e merecen poder facer deporte nas mellores condicións“, salientando a “obriga” das administracións públicas de facilitar que haxa boas dotacións deportivas .

Durante o acto, no que Carmela Silva estivo acompañada dos responsables do Club de Fútbol do Cristo da Vitoria e o Club Deportivo Coia, lembrou que o campo de fútbol A Bouza é a sede destes dous equipos e subliñou que “Coia é un lugar excepcional, onde hai moitísima poboación, moitas nenas e nenos que xogan ao fútbol e que o teñen que facer nas mellores condicións e por isto hoxe celebramos que este campo conta con herba sintética de última xeración, e coa iluminación e a mellora que lle corresponde”.

Reforma íntegra

Máis polo miúdo, as actuacións no campo de A Bouza contemplaron a renovación da superficie deportiva coa instalación dun céspede artificial de última xeración sobre o pavimento existente de aglomerado asfáltico, nunha superficie de máis de 7.000 metros cadrados

Os traballos tamén incluíron a renovación das instalacións de iluminación co fin de reducir a demanda de enerxía eléctrica, os custes enerxéticos e os impactos ambientais.

También te puede interesar