Galicia

O 43% dos establecementos de restauración colectiva de Galicia non cumpriu os requisitos sanitarios da Xunta

A Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, inspeccionou na última campaña especial de control sanitario nos establecementos de restauración colectiva -a 4ª desta índole-, un total de 1.596 locais destas características.

Esta campaña específica levouse a cabo entre o 1 e o 30 de xuño pasado e foi realizada polo 100% dos inspectores totais de cada zona veterinaria de forma individual ou colectiva, ao obxecto de reforzar as actividades ordinarias de control oficial nestes establecementos.

Sanidade pretendeu, por un lado, verificar a normativa vixente e, por outro lado, comprobar e actualizar os datos do Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios (REGASA), no que, dende outubro de 2012, deben estar inscritos todos os establecementos de venda polo miúdo.

908 cumprían os requisitos, 688, non

Dos 1.596 establecementos de restauración colectiva inspeccionados en Galicia nesta cuarta campaña específica, 858 foron de restauración colectiva sen comedor; 600 de restauración colectiva con comedor independente e 138 de restauración social.

Un total de 908 establecementos cumprían todos os requisitos, o que representa unha porcentaxe do 56,9% sobre a totalidade dos locais visitados. Destes, 478 son de restauración colectiva sen comedor; 316, con comedor independente e 114 de restauración social.

“No 43,10% restante, é dicir, en 688 establecementos, os inspectores de Sanidade detectaron incumprimentos” -380 de restauración colectiva sen comedor; 284 de restauración colectiva con comedor independente e 24 de restauración social-.

Condicións hixíénicas

Durante a campaña, os inspectores tamén comprobaron as condicións xerais de hixiene dos establecementos, o seguimento das materias primas empregadas (provedores autorizados e rexistrados), a non utilización de envases reenchidos (aceite, augardente ou outros licores) e a verificación da orixe e etiquetado de bebidas alcohólicas. Igualmente comprobouse a correcta información alimentaria facilitada ao consumidor, especialmente a relacionada cos alérxenos.

O 40% non comprían

Os incumprimentos máis frecuentes foron os que se refiren ás condicións hixiénicas e ás prácticas operacionais de manipulación, que constituíron, no seu conxunto, un 40% das infraccións detectadas nos establecementos inspeccionados”.

Síguelles, nun 26% os que están ligados aos autocontrois (cumprimento dos programas de prerrequisitos). Tamén se atoparon incumprimentos nas condicións estruturais nun 18%; un 7% á información proporcionada ao consumidor (principalmente á referida aos alérxenos); máis dun 6% o constituíron os relativos ao correcto censado no REGASA; e, nun 3,5% dos establecementos inspeccionados detectáronse infraccións ligadas á utilización de envases reenchidos, prohibida pola normativa.

También te puede interesar