Ciencia y Tecnología Comarcas

A Praia de Cesantes é «totalmente apta para o baño»

As análise realizadas pola Xunta e remitidas ao Concello de Redondela así o confirman

As análise realizadas o venres pasado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia,  remitidos ao Concello de Redondela ás 4 da tarde deste sábado pasado, indican que “a Praia de Cesantes é totalmente apta para o baño ao dar uns niveis de Escherichia coli moi por debaixo do límite recomendado”.

A alcaldesa, Digna Rivas, explicou que as análise que orixinaron a suspensión da Travesía a Nado de San Simón, foron realizados o día 7 e o Concello tivo acceso aos resultados o día 9 ás 4 da tarde.

«De inmediato colocouse a bandeira vermella na praia de Cesantes, desaconsellando o baño», explica a alcaldesa de Redondela e «como medida de precaución tomamos a decisión de suspender a Travesía a Nado de San Simón».

O día 9, a Sanidade realizaba novas analíticas nas que se deixaba constancia que os niveis de Escherichia Coli e enterococos intestinais estaban por debaixo dos límites máximos permitidos e que, polo tanto, as augas voltaban a ser perfectamente aptas para o baño.

A dita analítica, o Concello tivo acceso ás 16 horas de onte, «aínda que, como se pode comprobar, as augas dende a tarde de onte, eran aptas para o baño», subliña a alcaldesa.

Por debaixo dos niveis, segundo a Xunta

O límite máximo permitido de Escherichia coli é de 1000 uf/100ml e de 600 ufc/100ml de enterococos intestinales. Nestes momentos, segundo os datos aportados por Sanidade, a praia de Cesantes, en todas as súas zonas, está por debaixo destes niveis.

Pola súa banda, dende a Concellería de Medio Ambiente, dirixida Roberto Villa, sinálase que dende ese departamento, conxuntamente có resto das áreas do goberno  local e as demais Administracións competentes, «vaise a levar a cabo unha investigación para identificar as causas que provocaron a contaminación da auga e adoptar as medidas necesarias para evitar que no futuro se volvan a producir situacións como a vivida nestes días».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.