Galicia Sucesos

A costa de Lugo e A Coruña en ‘Alerta Laranxa’ por temporal

Toda a costa galega en 'Alerta Laranxa' por temporal

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta vén de activar a ‘Alerta Laranxa’, por temporal costeiro, nas provincias de A Coruña e Lugo.

Segundo informa Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o ‘episodio adverso’ nivel laranxa afectará ao noroeste e oeste de A Coruña e a Lugo. Agárdanse ventos do oeste e o sudoeste con forza 7, que poden chegar a forza 8 en Ortegal-Bares, con ondas de 5 a 6 metros.

Por isto, e para garantir a seguridade das persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias, por medio do 112 Galicia, vén de informar da situación a concellos e deputacións das provincias afectadas, servizo provinciais, Protección Civil e clubs náuticos entre outros.

Aconséllase a suspensión das actividades pesqueiras y marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas de máis perigo. Tamén recomendase extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e revisar os amarres das embarcacións.

Do mesmo xeito, pídese consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e enlaces de interese.

También te puede interesar