Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

@verdegaiaGZ cualifica de «arboricidio con alevosía» o corte de árbores en Gregorio Espino

«Se trata da morte de seres vivos indefensos realizada dun modo falso e ruin»

A asociación ecologista Verdegaia vén de denunciar que “esta semana asistimos en Vigo a outro corte de árbores completamente innecesario”, nesta ocasión na Avenida Gregorio Espino no treito entre San Roque e Travesía de Vigo, “como colofón a unha humanización”.

Verdegaia cualifica este corte coma un “arboricidio con aleivosía”, dado que se trata da “morte de seres vivos indefensos” e con aleivosía “polo modo falso e ruín como foi realizada”.

Durante a obra protexeronse as árbores mediante a colocación de táboas ao redor do tronco. “Inxenuamente consideramos que representaba un cambio na política de coidado das árbores pero unha vez mais o Concello asegurouse de defraudarnos e cortou todas as árbores cando a obra xa estaba practicamente rematada”.

Para Verdagaia é importante distinguir proxectos como as escaleiras mecánicas de Gran Vía, “que implican necesariamente o corte das árbores, doutros proxectos como a humanización de Gregorio Espino que para nada implicaba o corte das árbores. Simplemente é outra demostración da total ausencia de sensibilidade ambiental á hora de planificar unha obra pública”.

Para a asociación ecoloxista  é “intolerable” que en poucos anos se teñan cortado centenas de árbores das máis diversas especies por unha mera cuestión estética.

“As árbores non se poden considerar como simple mobiliario urbano, é inadmisible que se cataloguen no mesmo ítem contable que as farolas ou as marquesiñas”. Verdegaia subliña que, entre outras moitas vantaxes, as árbores desempeñan un papel fundamental para contrarrestar a inxente cantidade de gases de efecto invernadoiro que diariamente xera o tráfico motorizado. “Non obstante, a resposta das autoridades municipais segue pasando por marxinalizar os medios de transporte máis sustentables e cortar árbores”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.