Galicia

Dous días de loito oficial en Redondela pola morte aos 86 anos de idade do ex alcalde Amado Rincón

O Goberno local de Redondela, nunha xuntanza mantida este mércores acordou declarar dous días de loito oficial pola morte do que fora alcalde da localidade, Amado Rincón.

A alcaldesa, Digna Rivas, presidiu unha xuntanza na que, ademais de transmitirlle á familia de Amado Rincón as súas condolencias e o seu apoio, convoca un minuto de silencio ao  mediodía e ordena que os días 8 e 9, en sinal de loito, se suspendan todas as actividades organizadas polo Concello, agás as de funcionamento ordinario dos servizos municipais.

Amado Rincón (Redondela 1933), foi catedrático da Universidade de Nova Iorque, cidade á que emigrara coa súa a metade do século pasado e onde presidiu a Casa de Galicia. Especialista na figura e obra de Eduardo Pondal, fora distinguido coa Medalla Castelao.

No ano 1992, xa xubilado, volveu a Redondela e tres anos máis tarde foi o candidato do PP de Galicia nas Eleccións Municipais. En 1996, unha moción de censura contra o socialista Xaime Rei saíu adiante permitindo que Amado Rincón chegase á Alcaldía, cargo que ocuparía ata 1999.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.