RGPD - Cookies
Cultura

@amesanl presenta ‘O tempo cronolóxico’ para que os rapaces coñezan as unidades de medida temporal en galego

A Mesa pola Normalización Lingüística presentará este sábado, 10 de agosto, ‘O tempo cronolóxico’, o libro ilustrado por Xulia Vicente co que quere axudar ás rapazas e rapaces galegos a coñecer o nome das principais unidades de medida temporal na nosa lingua.

Este título forma parte, xunto con ‘O abecedario’, ‘As aves e Os peixes e outra fauna mariña’, do proxecto didáctico que A Mesa adica á educación infantil, proporcionando materiais en galego para nenas e nenos de 0 a 6 anos co obxectivo de potenciar o uso de vocabulario na nosa lingua nesta etapa.

O libro O tempo cronolóxico pódese mercar nas librarías do país e mais na web da Mesa por 7,20 € para persoas socias e 8’55 € para público xeral.

A Mesa quere contribuír con esta liña de publicacións a suplir a escaseza de materiais didácticos en galego para a etapa de 3 a 6 anos, fronte á grande cantidade de recursos existentes en castelán e en inglés, sobre a que alertou no Estudo sobre a educación infantil de Galicia de 3 a 6 anos. Curso 16/17.

Os poucos materiais didácticos que existen para esta etapa débense ao compromiso das e dos educadores e mais á iniciativa social ou privada e dalgúns concellos, sen que haxa respaldo e promoción por parte da Xunta, que se desentende de poñelos a disposición das escolas. Isto supón un agravio comparativo, posto que o profesorado que queira traballar na nosa lingua coa cativada ten que elaborar os seus propios materiais.

También te puede interesar